O Alcalde participou na Rede Española de Cidades Saudables

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, participou no encontro da Rede Española de Cidades Saudables que durante dous días reuníu a técnicos e expertos para abordar a implementación e avaliación de roteiros saudables. 

Estas xornadas permitiron o intercambio de experiencias e a posta en común de diferentes xeitos de abordar o deseño dos roteiros saudables. 

Ponteareas forma parte da Rede de Cidades Saudables da Federación de Municipios, nestas xornadas o Alcalde puido coñecer proxectos e experiencias doutras cidades. Seguindo na liña de traballo marcada pola estratexia “Ponteareas, Hábitat Saudable”, para o que o goberno actual acadou unha subvención de fondos europeos, Ponteareas coñece propostas de roteiros e traballos xa postos en marcha.