Hoxe pola mañá, o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, recibiu á primeira violinista, Ruoyu Wang, procedente de Australia, que se desprazou ata a vila do Tea para participar no I Concurso Internacional de Violín, que se levará a cabo dentro do III Festival Groba, que se desenvolverá entre os días 8 e 14 de agosto na terra natal do compositor Rogelio Groba.
O III Festival Groba inaugurarase mañá, día 8 de agosto, ás 21 horas, no Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas, sendo a Orquestra de Cámara Galega a encargada de abrir este festival internacional cun concerto no Auditorio, baixo a dirección de Rogelio Groba Otero. Nesta xornada inaugural interpretarase o “Concerto Arcaico en Re” para dous violíns, de Groba, no que actuarán como solistas o propio director da orquestra e Javier Díaz. Esta obra compartirá espazo con composicións de Vivaldi e Britten.
Podesconsultar a programación na seguinte ligazón