O Alcalde de Ponteareas e o Concelleiro de Deportes reciben no Concello aos piragüistas ponteareáns do Club Tea de Mondariz-Balneario

As mozas e mozos participaron no Campionato de España de Slalom Olímpico e no Campionato de España de Jóvenes Promesas nas que acadaron moi bos resultados

 

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e o concelleiro de Deportes, Benito Márquez, recibiron este mércores a unha delegación de rapaces ponteareáns que forman parte do Club Tea de Mondariz-Balneario, rapaces que contan xa cunha importante traxectoria deportiva. Estiveron acompañados do seu adestrador, Manuel Freiría.

ClubTea

Na recepción estivo a cadete Sara Bugarín, que ficou no posto 5º na súa categoría no Campionato de España de Slalom Olímpico, e 32º na clasificación xeral; o cadete Ahron Carballo, que tamén participou neste evento e quedou 8º na súa categoría e clasificouse coma finalista; Rosana Bernárdez, que foi a campioa no Campionato de España de Jóvenes Promesas, an categoría de infantil de 1º ano; Guillermo e Darío Míguez, que remataron nese mesmo campionato 4º e 6º respectivamente; e Kevin Álvarez, que foi medalla de bronce en canoa, en infantil de 2º ano.

“Aínda que na actualidade Ponteareas non conte cun club deportivo de piragüismo,  existe unha gran afección por este deporte por parte dos nosos veciños. A intención do goberno é manter unha estreita colaboración con esta entidade do club veciño, tendo en conta sobre todo que moitos dos rapaces do Club Tea de Mondariz-Balneario son veciños de Ponteareas”, sinala o edil de Deportes, Benito Márquez.