O Alcalde de Ponteareas convoca aos grupos políticos para avanzar no PXOM

O Alcalde de Ponteareas convoca a tódolos voceiros dos grupos políticos a unha reunión para avanzar nos trámites do PXOM.
O encontro terá lugar o vindeiro mércores día 26 de xullo na casa concello de Ponteareas ás dez horas. Asistirá o arquitecto responsable do PXOM e a arquitecta municipal.
O Alcalde agarda poder ir pechando puntos nos que chegar a un acordo e poder contar, canto antes, cun Plan Xeral de Ordenación Municipal.
Nesta reunión o Alcalde informará aos voceiros das xestións realizadas e os pasos a dar para avanzar no cumprimento dos requerimientos marcados pola Xunta.
Na última reunión mantida en Santiago de Compostela coa Directora Xeral de Ordenación e Urbanismo da Xunta de Galicia, acadouse o respaldo por parte da administración e a vontade de traballar xuntos para sacar adiante o PXOM e resolver así os problemas de solo industrial e residencial que permitirán o crecemento da vila.