Este domingo, 23 de febreiro, a Asociación de sendeirismo “Camiñadas do Barbanza”, da Póboa do Caramiñal, acompañados do concelleiro de Deportes do citado municipio, visitaron Ponteareas para percorrer a Senda do río Tea. Desde esta asociación, desprazáronse sobre 200 persoas para poder gozar da ruta da Senda do Tea, desde a Ponte dos Remedios para facer o percorrido Ponteareas- Mondariz Balneario e Mondariz, cunha extensión aproximada de 15 quilómetros. Esta delegación foi recibida na Casa do Concello de Ponteareas polo alcalde, Salvador González Solla, quen os acompañou tamén a unha das confeiterías de Ponteareas, onde puideron degustar as exquisitas rosquillas de Ponteareas.
Concello de Ponteareas
Xardins da Xiralda SN -Ponteareas C.P:36860
Pontevedra / telf: 986 64 00 00 - 986 64 00 00 50
Aviso Legal | Proteccion de datos | Uso de cookies