O 10 de Maio “feira de abril” en Ponteareas

Q55A4276Por segundo ano consecutivo e con aires chegado do sur,   Ponteareas volverá a  transformarse para que tamén este  ano 2014 sexa posible unha segunda  Feira de Abril Ponteareana.

A concelleira de comercio, Marisol Valado, xunto coa asociación de hostalería do Condado, representada por Isidoro Pino presidente, Marcos Carrera, tesorero e José Jorge Rodríguez, secretario, presentaron no club hípico Char esta segunda Feira,  que Ponteareas vivirá os   vindeiros 25 e 26 de abril.

Para esta presentación acercáronse ao club hípico un grupo de “xóvenes flamencos” que engaiolaron o club, xa que con “aires andaluces” fixeron uns paseíllos a trote dos cabalos, que amablemente Tino,  propietario do club, puxo a disposición para este avance de festa.

Esta é a proposta na que están a traballar a Asociación de Hostalería xunto coa Concellería de Comercio e que forma parte do programa de actividades de dinamización do comercio e da hostalería, presentado o derradeiro 11 de febreiro. Estanse ultimando todos os detalles para que o centro urbano adquira todos os matices necesarios para que a festa sexa todo un éxito.

Animados pola participación acadada  na derradeira edición do ano 2013, na que participaron mais de 40 establecementos, os hostaleiros apostan por esta festa temática, na que pretenden vestir de flamencos aos ponteareáns e a todos os visitantes que decidan acercarse nestas data a vila, asegurándolles dous días diferentes e cheos de colorido, baile e sobre todo diversión.

O venres iníciase con   tablaos flamencos,  comparsas, casetas nas terrazas, e o sábado tamén se contará con desfile de cabalos e calesas,  que transformarán o centro da vila nun “Real de la Feria”.

Na ruta gastronómica, non faltarán as tapas típicas de Andalucía: “gazpacho”, “pescadito frito” ou “rabo de toro”, acompañados de “finos” e “manzanillas” e como non, os refrescantes “rebujitos”.

Isidoro Pino, portavoz dos hostaleiros, espera “unha grande participación dos veciños e veciñas,  como xa fixeron na derradeira edición desta festa e noutras actividades e eventos que foron organizados  dende a asociación. Pola nosa banda faremos todo o posible para que a xente que participe o pase ben”, matiza Isidoro. 

Ao mesmo tempo, o alcalde, Salvador González Solla,  subliña que “iniciativas como esta redundan nunha verdadeira dinamización de todo o sector comercial e hostaleiro de Ponteareas, atraendo xente doutros municipios e comarcas, e facendo de Ponteareas un referente.”

Valado destaca que “dende a concellería non se escatiman esforzos, para que esta nova feira de abril supere todas as marcas de éxito. Sobre todo é toda unha satisfación o poder ver a tanta xente creando lazos de amizade, de grupo,… que pasa a ser un reflexo do que debera ser en cada momento, o facer xuntanza no camiñar dun pobo”.