O 22 de marzo remata o prazo para o concurso de explotación da cafetería do centro social

A concellería de Servizos Sociais do concello de Ponteareas que dirixe Manolo Troncoso informa que o concello abríu de novo o prazo para o concurso da concesión do servizo de cafetería do centro social da rúa Oriente. O prazo remata o vindeiro 22 de marzo ás 13 horas. Os e as interesadas deberán entregar a documentación no rexistro municipal.

Para garantir a transparencia e a igualdade de oportunidades o goberno optou de novo polo concurso público, tendo que ampliar en cinco dias hábiles máis  o prazo para o concurso da explotación da cafetería situada no andar baixo do centro social durante un período de cinco anos prorrogable anualmente de ano en ano por acordo das dúas partes ata un máximo de dous anos.

Nos últimos meses, persoal municipal mantén o centro social aberto en horario de mañá e tarde para que as actividades que habitualmente se desenvolven no centro non se viran alteradas.