Novos talleres de emprego en Ponteareas

prensaDende a concellería de emprego que dirixe Marisol Valado, veñen de poñerse en marcha no Centro de Desenvolvemento Local , novos talleres prácticos e gratuitos en materia de busca de emprego dirixidos a todas aquelas persoas que queiran ampliar o seus coñecementos e as posibilidades de inserción laboral.

Trátase neste caso, dos talleres de: “selección de personal” e “busca de emprego a través de internet”. Estes talleres son os dous mais demandados polos desempregados, como xa se puxo de manifesto nas edicións feitas no derradeiro ano.

Neles, trataranse temas que van dende as probas psicotécnicas e a entrevista de persoanal, ata a consulta dos portales de emprego,  pasando por a consulta tamén dos medios de ofertas de emprego público.

Dende que se abriu o prazo de solicitudes, houbo unha gran resposta dos usuarios, posta de manifesto nas  mais de oitenta persoas inscritas en cada un dos talleres, feito que implicará a realización  de varias edicións dos mesmos.

Asomesmo, dende  o servizo de orientación  do CDL, ofrécese tanto a desempregados como a traballadores en activo, un amplo abano de posibilidadesde de cara a acadar a inserción ou a mellorar a súa relación laboral, como: información semanal de ofertas de emprego públicas e privadas; vías de formación profesional regulada e non regulada; intermediación laboral coas empresas da comarca coas correspondentes insercións (comerciais, auxiliares administrativos, dependentes, técnico en electrónica, etc…); asesoramento individualizado en materia de emprego, entrevistando dende outubro a mais de 300 personas.

O prazo de inscrición para os talleres, e permanente, e os interesados poden facelo no teléfono 986 66 10 50 (orientación) o ben no correo: orientacionlaboral@ponteareas.es