Novos cursos de informática da aula CEMIT

A concellería de Desenvolvemento Tecnolóxico que dirixe Benito Márquez informa do comezo de novos cursos na Aula CEMIT ubicada no Centro Social na rúa Oriente. A aula CEMIT ofrece formación informática totalmente de balde axeitando, sempre que se consiguen grupos, o deseño dos cursos á demanda e necesidades da cidadanía, por este motivo o responsable dos cursos recorda a toda a cidadanía que pode achegarse ata a aula CEMIT para estudar o seu perfil e as súas necesidades de formación informática para programar distintos niveis e contidos.

A aula CEMIT amplía o seu horario impartino tamén clases os sábados pola mañá.

Nestes días a aula CEMIT ofrece cursos de iniciación á informática para maiores, de procura de información na rede, de emprego do correo electrónico, de uso básico de teléfono móbil, de procesador de textos, de creacións de presentacións e de mantemento básico do ordenador.

Todos e todas as interesadas poderán achegarse ata a aula CEMIT para inscribirse ou contactar no número de teléfono 673 794 88 ou no enderezo electrónico cemit.ponteareas@xunta.gal