Novos cursos de balde da aula CEMIT para o mes de decembro

Co obxectivo de achegar as ferramentas dixitais a toda a cidadanía a aula CEMIT (Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica) ofrece cursos adaptados a tódolos niveis e totalmente de balde deseñados en función da demanda que rexistre.

Ubicada no centro social municipal da rúa Oriente, a aula CEMIT informa dos cursos que se van impartir no mes de decembro. Do día 2 ao 5 de decembro en horario de tarde haberá un curso de iniciación á folla de cálculo, un de iniciación á informática para maiores e un de mecanografía.

O día 9 comezan os cursos de elaboración do Curriculum Vitae, de procura de información a través de internet e de mecanografía. O día 12 e 13 impartirase o de procura de emprego a través de internet. O día 14 na aula CÉMIT aprenderemos a utilizar o Gmail.

Do 16 ao 20 de decembro haberá cursos de uso básico das redes sociais, scratch2: iniciación á informática e de alfabetización informática para maiores. O 21 de decembro ofrecerase axuda para a utilización do teléfono móbil.

As e os interesados poden chamar ao número de teléfono 673 794 883, achegarse ata a aula ubicada no centro social da rúa Oriente ou enviar un correo electrónico a cemit.ponteareas@xunta.gal