Novos avances para ampliar a depuradora de Ponteareas

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, valora positivamente os novos avances comunicados no día de hoxe por ACUAES, sociedade mercantil estatal dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, para a ampliación da EDAR de Ponteareas.

A sociedade estatal ACUAES fixo público hoxe a licitación do contrato que ten como obxectivo elaborar o documento ambiental para lograr a autorización ambiental procedente e, ao mesmo tempo, concluir a redacción de dous proxectos; por un lado os novos colectores de saneamento e, por outro lado, o da EDAR ampliada.

Xosé Represas explica que deste forma executaranse ao mesmo tempo e con licitación independentes as obras dos novos colectores na contorna do núcleo urbano e a ampliación da depuradora da Moscadeira.

Un paso máis imprescindible para solucionar a incapacidade da depuradora existente e para seguir ampliando a rede de saneamento a outras parroquias que carecen deste servizo básico”.

Este novo avance indica que se están cumprindo os prazos para que estas obras tan complexas estean rematadas no ano 2023.

Agora confiamos en que a Xunta dea tamén os pasos que lle corresponden para confirmar a participación no convenio e financiación das obras entre Estado, Xunta de Galicia e o Concello de Ponteareas”.

A actuación será cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER 2014-2020, dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE).