Novo vehículo para o servizo da Policía Local

dav

A concellería de Seguridade Cidadá, que dirixe Vanesa Fernández, adquire un novo vehículo modelo Renault Megane para o servizo da Policía Local cun custe de 18.100€ financiados con fondos propios.

Vanesa Fernández explica que os vehículos da Policía presentan un alto desgaste e deben estar sempre activos. “

Ao non recibir ningún coche da Xunta de Galicia que debía telo feito xa o ano pasado xa que cada cinco anos entregaba un vehículo, a concellería tivo que mercar un novo vehículo para garantir o bo desenvolvemento do servizo policial, tendo que facerse cargo dun gasto propio da Xunta de Galicia que, unha vez máis, desatende un servizo básico para a cidadanía”.

Fernández insiste na necesidade de ofrecer os mellores medios e formación para que a cidadanía reciba o mellor servizo.

Este novo vehículo súmase ás duas motos e aos catro coches da flota da que dispón a Policía Local de Ponteareas.