Novo obradoiro de biodanza para mulleres

Na liña de traballo do Centro de Información á Muller, CIM, dependente da concellería de Benestar Social e Igualdade que dirixe Verónica Carrera, organízase un novo obradoiro de biodanza que busca reforzar a autonomía e a autoestima das mulleres.

Trátase dunha proposta para conectar co noso propio poder e coa vitalidade precisa para emprender procesos de crecemento persoal cara a autonomía e o benestar. 

Apto para mulleres de calquera idade e condición física sen limitacións importantes de movemento. Non é necesario experiencia ou práctica deportiva previa.

Esta é a terceira vez que o CIM convoca esta actividade tras o bo acollemento das sesións anteriores nas que houbo lista de agarda e logo dos bos resultados desta actividade nos procesos de crecemento persoal das participantes. 

O obradoiro de biodanza terá lugar o vindeiro 19 de setembro dde 18 a 20 horas no salón de plenos da Casa do Concello e todas as que desexen participar deberán inscribirse no CIM, a través do número de teléfono 986 644 653 ou no enderezo electrónico axentedeigualdade@ponteareas.gal