Novo curso gratuíto de fotografía dixital ofertado pola Aula CeMIT do Concello de Ponteareas

Aula CeMITA Concellería de Novas Tecnoloxías, dirixida por Alberto Novoa Iglesias, programou para o mes de novembro un Curso de fotografía dixital que se levará a cabo na Aula CeMIT do Concello de Ponteareas, situada no Centro de Servizos Sociais.

As persoas interesadas poden facer a súa inscrición para o devandito curso no Centro de Servizos Sociais, situado na rúa de Oriente, número 8, segunda planta, en horario das 9:30 h ás 13:30 horas, polas mañás, e das 16:00 ás 20:00 horas, en horario de tarde. Igualmente poden facer a súa solicitude de participación nos devanditos cursos no teléfono 673 794 883, onde aclararán todas as cuestións referidas ao contido do citado curso. Poderán participar no mesmo todas as persoas interesadas sen límite de idade.

O Curso de fotografía dixital, cunha duración de 24 horas, levarase a cabo de luns a xoves, do 10 ao 13 de novembro e do 17 ao día 20 de novembro, en horario das 16: 00 ás 19:00 horas, no que se tratarán entre outros contidos a composición, iluminación e técnicas para facer prácticas e a súa posterior edición e creación de álbumes dixitais. Así pois, neste curso complementarase tanto o aspecto teórico como práctico, cuxo obxectivo é dotar aos participantes dos coñecementos básicos de iniciación á fotografía. Ao remate do curso, os participantes recibirán o correspondente diploma acreditativo da súa formación.