Nove xogadores do Club de Billar Sportivo de Ponteareas competirán na copa de España de Bola 9

A concellería de Deportes, dirixida por Benito Márquez, comprácese en informar que esta fin de semana do 15 ao 17 de marzo, nove membros do Club de Billar Sportivo de Ponteareas van participar en Madrid na copa de España de Bola 9, a segunda competición máis importante a nivel nacional despois do campionato de España.

No club de billar Sportivo de Ponteareas adestran xogadores de tódalas categorías dende os seis anos e sen límite de idade, tendo xogadores da categoría benxamín e tamén algúns que superan os oitenta anos.

Esta gran familia adestra nas instalación do Centro Artístico Sportivo e calquera persoa interesada en aprender a xogar pode inscribirse ao longo do ano no propio centro ou no número de teléfono 600 023 551.

Levan competindo a nivel autonómico e estatal dende 2016 grazas a colaboración de diferentes administracións como o concello de Ponteareas, a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia.

Benito Márquez desexa a esta representación ponteareá que acade os mellores resultados pero, sobre todo, que desfrute da competeción e medren como xogadores.