Novas propostas lúdicas e didácticas na nosa web

A concellería de Educación, que dirixe Cristina Fernández, en colaboración coa mestra de primaria Susana Lamela comparten hoxe novos enlaces de páxinas webs e aplicacións con xogos e vídeos para aprender e divertirse ao mesmo tempo. As nais e pais tamén atoparán recursos ofrecidos polo Colexio de Psicoloxía de Galicia. 

Tan só tes que entrar na pestaña “Recursos lúdicose educativos” da nosa páxina web ou directamente premendo neste enlace http://ponteareas.gal/xiralda/uploads/2020/03/Recursos-educativos.pdf