Novas ligazóns para gozar de actividades en galego desde a casa


A Concellería de Cultura e Lingua,que dirixe Fernando Groba, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas, achega algunhas propostas máis para gozar de recursos lúdicos en galego desde a casa e tamén de recursos formativos para coñecer mulleres galegas que fixeron historia.

Todo o día na casiña. Vídeoclip animado por Luz Beloso en que 8 voces femininas da música galega -as de Paty Lesta, Uxía, Guadi Galego, Rosa Cedrán, Carmen Rey, Mari Faltrí, Paula Romero e María Costa- e os músicos Cristian Leggiero, José Churruca e Hansel Luís se unen para interpretar unha nova peza composta por Magín Blanco co obxectivo de animar a xente miúda da casa nestes días de confinamento. Este vieoclip está promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e atópase na seguinte ligazón:
https://www.youtube.com/watch?v=R6YGRPH27Bw&feature=youtu.be

Sonárbore, da editorial Galaxia, a través de youtube ofrece libro-discos en galego para nenas e nenos, de diversos creadores a través da súa ligazón https://www.youtube.com/user/sonarboretv/featured

“Aprende coas Mulleres Galegas. Este material realizado pola Secretaría Xeral de Igualdade, con ilustracións de Tania Solla, ten por obxectivo  aproveitar didacticamente este período de confinamento para  dar coñecer as biografías de   Mulleres Galegas  que destacaron en diferentes campos, como Maruja Mallo, María Victoria Moreno, Concepción Arenal, Ángela Ruiz, Ángeles Alvariño, Ernestina Otero e María Wonenburger.

http://igualdade.xunta.gal/gl/recursos/aprende-coas-mulleres-galegas