Novas actividades de animación á lectura nas Axencias de Lectura Municipais de Guillade e Xinzo, en Ponteareas.

Contacontos Contos ao revés2As Axencias de Lectura Municipais de Guillade e Xinzo, en Ponteareas, comezarán este mes de outubro coas habituais actividades de animación á lectura que desenvolven ao longo do ano e que son moi ben acollidas polos usuarios das citadas axencias de lectura. Consistirán estas actividades en dous contacontos que tratarán de engailar aos máis pequenos e que correrán a cargo das empresas de animación infantil Expresións Produccións e Eduvía, dentro do programa “Ler Conta Moito”, da Consellería de Cultura en colaboración co Concello de Ponteareas.

Na Axencia de Lectua de Guillade, o mércores, día 8 de outubro ás 18:00 horas, terá lugar a actividade titulada “Conto Contigo” a cargo do grupo Expresións Producións. Unha actuación pensada para todos os públicos, especialmente para os nenos a partir de catro anos e os mozos. Na sesión mestúranse os contacontos coa maxia, os títeres, os trabalinguas e os xogos.

Na Axencia de Lectura de Xinzo, o xoves, día 9 de outubro ás 18:00 horas, visitará a biblioteca o grupo Eduvía co seu Duende Dadá quen se encargará de contar contos marabillosos cheos de maxia e fantasía.

O concelleiro de Cultura do Concello de Ponteareas, Andrés Sampedro Fernández, quere animar a todos os nenos e nenas de Guillade, Xinzo e arredores a achegarse ata as Axencias de Lectura para gozar destas actividades pensadas para promover a lectura neste mes no que se celebra o Día das Bibliotecas.