Nova xornada de parkour mañá venres no parque Ferro-Ucha. Se tes máis de doce anos, goza coa programación de Mocidade Viva!

Nova xornada de parkour mañá venres día 28 de agosto ás 20 horas no parque Ferro-Ucha. Ante o éxito de participación das anteriores xornadas programadas, a concellaría de Mocidade que dirixe Miguel Bouzó organiza un novo obradoiro con exhibicións no que os e as participantes poderán amosar as habilidades adquiridas no campionato que se desenvolverá durante esta xornada. Se tes máis de 12 anos goza coa programación de Mocidade Viva!