Nova sesión de cine ao aire libre no Terreiro de Angoares

O vindeiro martes ás 22.30 horas proxectárase a película “Padre no hay más que uno 2: La llegada de la suegra”

 

O Terreiro de Angoares será mañá unha sala de cine ao aire libre. Ás 22.30 horas comezará a proxección de “Padre no hay más que uno 2: La llegada de la suegra”, unha comedia española dirixida por Santiago Segura. A entrada é de balde ata completar aforo.

 

Despois de que Javier (Santiago Segura), pai de cinco fillos, viva e supere a experiencia de enfrontarse á caótica realidade que supón quedar só con eles, as cousas parecen ir ben. Ata que unha inesperada noticia vai poñer todo patas para arriba… Nada menos que a chegada da sogra (Loles León), que supoñerá un novo reto familiar. Esta película é a secuela da exitosa comedia Padre no hay más que uno (2019).