Nova cita entre a mocidade e a doutora Thais Pousada

A concellería de Ensino, que dirixe Cristina Fernández, informa dunha nova cita coa Doutora en ciencias da saúde, Thais Pousada, o vindeiro luns 8 de abril ás 18:30h na aula CEMIT do centro social ubicado na rúa Oriente.

Nesta ocasión, a ponteareá Thais Pousada falará coa mocidade de como buscar información sen morrer no intento. Ven tomar un café e vaite cargado de trucos, atallos e información útil e práctica.