A concellería de Benestar Social, Igualdade e Mocidade convida a toda a veciñanza á proxección da película “IT” na sala multiusos do auditorio ás 21 horas. Esta sesión de cine enmárcase dentro da primeira programación específica para a mocidade deseñada pola concelleira nacionalista Verónica Carrera despois de realizar unha consulta nos centros de secundaria da vila para recoller a demanda real de lecer e así confeccionar un programa á medida.
Concello de Ponteareas
Xardins da Xiralda SN -Ponteareas C.P:36860
Pontevedra / telf: 986 64 00 00 - 986 64 00 00 50
Aviso Legal | Proteccion de datos | Uso de cookies