Nova andaina, dentro do programa “Coñece Ponteareas”, este domingo, día 9 de agosto

andaina_tea_umaOs amantes da natureza poderán gozar este domingo, día 9 de agosto, dunha nova andaina  polas beiras do Río Tea- Uma, organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas, dentro do programa “Coñece Ponteareas”.

A saída terá lugar desde a Ponte de San Roque, ás 10:00 horas, por un roteiro medioambiental onde se poderá contemplar especies do bosque atlántico, entre as que podemos atopar árbores moi singulares, algún deles en perigo de extinción. Esta andaina contará con guías especializadas en medioambiente, a cargo de Faia Educación Ambiental.

Todas aquelas persoas interesadas en participar nesta nova andaina poden anotarse na Biblioteca Pública Municipal ou chamando ao número de teléfono 986 660 765.