Noite de percusión co novidoso espectáculo de Robertoliveira

A concellaría de Eventos que dirixe Cristina Fernández convida a toda a cidadanía a gozar do concerto de Robertoliveira este venres día 28 ás 23 horas na Praza Maior. 

 

Totalmente de balde e dentro do ciclo de “Noites ao Vivo” poderemos gozar deste percusionista dedicado á música contemporánea centrado na interpretación de novas obras con técnicas novidosas, recursos instrumentais renovados e aspectos escénicos inusuais. Roberto colabora activamente con compositores das novas xeracións para contribuir ao desenvolvemento da literatura para a percusión.

 

Realiza concertos con ensembles e orquestras xunto aos máis destacados artistas, directores e compositores actuais en Portugal, Francia, Bélxica, Holanda, Alemania, Dinamarca, Noruega, Hungría, Italia, Chipre, Austria, Luxemburgo, Eslovenia, Eslovaquia, Suiza, Irlanda, Irlanda do Norte, Inglaterra, Marrocos, Arxentina, Brasil, México, Estados Unidos, Filipinas, Taiwán e China.