Nalgas Dulces e R.D.G. actúan este sábado 20 en Ponteareas

Sábado a partir das 23:00 horas, na rúa Rogelio Groba, concerto de rock cos grupos “Nalgas Dulces” e R.D.G.  “En Ponteareas hai unha enorme canteira musical que abrangue tódolos estilos, e nomeadamente a música rock ten unha fonda implantación como se demostra cos numerosos grupos existentes na localidade de gran calidade e os diferentes concertos que desde a Concellería vimos apoiando e organizando ao longo de todo o ano”, declarou Hortensia Bautista.