Un Nadal para todos e todas en Ponteareas

O Concello de Ponteareas presenta a súa programación cultural que se prolongará ata o 5 de Xaneiro coa cabalgata dos Reis Magos de Oriente como colofón final á programación festiva.

Con actividades para toda a familia e para tódolos públicos a programación de Nadal arranca coa animación de rúa “Hakuna Matata” hoxe martes ás 17:30 que dende a praza Maior percorrerá o centro urbano ata chegar ás 18:30 horas á praza da Música, enriba do auditorio, donde toda a veciñanza se reunirá para o encendido da árbore de Nadal e a inauguración do alumeado de nadal.

Espectáculos músico teatrais no auditorio, maxia e humor na carpa da Praza Maior, patinaxe, obradoiro medioambientais, concertos de música de cámara, actuacións das bandas de música, literatura, concerto de Nadal do Conservatorio, obradoiro de baile moderno, presentación do calendario do Concello, charangas, trasnadas, rondalla e cabalgata son algunhas das propostas festivas ás que se suman os obradoiros organizados pola Federación de Comercio e Hostalería, BANASTRA e as actividades de animación infantil nas casas culturais da parroquia.

Pero ademais, celebrarase a VI San Silvestre Solidaria polas rúas do centro urbano organizada por Taninos Runners en colaboración coa concellería de Deportes ou o torneo de Nadal S.D Juvenil Fútbol 8.

O apalpador acompañado da treboada do Baixo Miño e chocolatada visitará Ponteareas o sábado día 30 ás 18:15 horas. Papá Noél estará na Ludoteca da Praza Maior organizada por BANASTRA e os Magos de Oriente chegarán o día 5 ás 16:30 horas.

Por último, dende o día 8 de decembro e ata o 7 de Xaneiro todos os clientes do comercio ponteareán poderá desfrutar da pista de patinaxe da Praza Maior totalmente de balde.

A Concelleira de Cultura convídaos a participar en familia en cada unha das actividades e desexa a toda a veciñanza unhas felices festas.