Música e petiscos no Serán de Outono

A XII Feira de Outono acollerá este venres día 1 ás 21:30 horas o seu serán de outono no que ademais de bailar se poderá degustar chourizo e viño totalmente de balde.

O grupo as Lagharteiras abrirán este serán despois de que ás 19:30 horas se presente na carpa da Praza Maior o libro “Bailegramas” de Serxio Cobos.

Para ir quecendo motores antes do serán haberá un obradoiro de iniciación ao baile tradicional e así ir perdendo a timidez e ir collendo o ritmo da pandeireta, gaitas e bombo.

Ademais, mañá ás 17 horas teremos unha cita cos xogos tradicionais e as actividades infantís sobre o outono. Ás 18:30 horas no salón de plenos terá lugar a charla micolóxica “Non hai cogomelos malos, hai persoas imprudentes” do biólogo Gabriel Pérez Torrón.

O sábado e o domingo a partir das 11 horas abrirán os postos da Feria dos Remedios. Toda a programación na seguinte ligazón http://ponteareas.gal/xiralda/uploads/2019/10/diptico-outono-ponteareas-2019-definitivo.pdf