Música de jazz nas rúas de Ponteareas

A concellería de Cultura do concello de Ponteareas presenta o Festival de Jazz que durante os vindeiros días 25 e 26 de agosto encherá de nota música as rúas de Ponteareas.

Hortensia Bautista, concelleira de Cultura e Turismo, adianta que este festival supón unha oportunidade única de desfrutar dun espectáculo musical de calidade totalmente de balde.

Coa intención de achegar o jazz a todo a veciñanza, as notas musicais abrirán o festival o sábado 25 ás 12:30 horas na rúa Rogelio Groba co grupo Dous.

Ese mesmo día ás 22 horas na Fonte do Baratillo actúa Brais Sergio Gus Trío e ás 23 hroas no Paseo Matutino Voodoo e Mr River.

O domingo día 26 ás 22 horas Ejazz actuará na Praza Maior seguido de Alberto Vilas Quartet&Diana Tarín.

Grazas á iniciativa da Asociación de Hostaleiros de traer o jazz a Ponteareas, nesta edición as voces femininas cobran protagonismo con Voodoo, Ejazz e Diana Tarín.

Bautista anima a toda a veciñanza a sair á rúa e gozar de música de calidade. A concellería de Cultura de Ponteareas ofrece unha programación estable durante todo o ano que ademais de encher o auditorio sae ás rúas de Ponteareas para achegar a cultura e a variedade musical a distintos espazos exteriores.