O auditorio municipal Reveriano Soutullo acollerá este venres día 6 o concerto “Mozart á galega”. Luís Soto á frauta con trío de cordas ofrecerá este novidoso concerto ás 19 horas totalmente de balde.
A formación integrada por Luís Soto á frauta traveseira, David García ao violín, Ionela Ciobataru á viola e Millán Abeledo ao violoncelo está especializada na interpretación dos cuartetos de Mozart para frauta e trío de cordas.
O frautista Lúis Soto presenta en Ponteareas esta iniciativa pioneira que consiste en entender, crear e amosar dun xeito diferente a música ao mundo.