Móvete con seguridade!!! Colaboremos no cumprimento das novas normas de tráfico e mobilidade en toda a vila

A concellería de Mobilidade e Tráfico, que dirixe Roberto Mera, informa das novas normas de tráfico e mobilidade en toda a vila. Polo ben de toda a cidadanía colaboremos no cumprimento destas normas nas que os vehículos deben conceder prioridade aos peóns que poderán usar toda a zona de circulación non debendo estorbar aos vehículos de xeito innecesario.

Os vehículos deberán circular no centro urbano a un máximo de 20 km/h e sempre con moita precaución xa que os peóns teñen a prioridade na calzada.

Pola súa parte os peóns deben camiñar pola súa dereita e respectar as frechas azuis do chan mantendo sempre a distancia de seguridade, podendo cambiar de beirarrúa en calquera punto pero procurando usar os pasos de peóns. 

Na avenida Castelao e na rúa Real as beirarrúas seguen a ser de dobre sentido pero procuraremos camiñar pola dereita e deberase cruzar sempre nos pasos de peóns.