Monólogo de Lois Pérez este sábado no centro cultural de San Mateo de Oliveira

O monologuista Lois Pérez actuará mañá sábado día 11 ás 20:00 horas no centro cultural San Mateo de Oliviera no marco do programa Cultura 24 que ofrece actividades completamente de balde en todas as parroquias de Ponteareas.

Sacar a lingua a p(r)acer” é o título deste espectáculo no que non faltarán as gargalladas e a retranca galega.