Móllate polos Ríos convoca a toda a veciñanza este domingo ás 09:30

Co obxectivo de contribuir na protección e coidado do medio ambiente, a concelleira Rosa Covelo anima a toda a veciñanza a participar na XII Limpeza simultánea do río “Móllate polos ríos” que terá lugar este domingo 29 de ás 09:30 horas.

Organizada en colaboración con Adega, coa plataforma Defendendo o Tea e co Proxecto Ríos está aberta a toda a cidadanía e non fai falta inscribirse, tan só levar luvas, botas de auga e impermeable.

Os e as interesadas en obter maior información poden chamar ao número de teléfono 696 65 50 89.

A concelleira de Medio Ambiente Rosa Covelo insiste na importancia de implicar a toda a cidadanía para que sintan o patrimonio natural como un ben seu. Móllate polos Ríos comezará a xornada na depuradora municipal ubicada na zona da Moscadeira.