A concelleira de Seguridade Cidadá e Mobilidade dota a policía local de Ponteareas de PDA e adapta os vehículos á legalidade.
Hoxe fíxose entrega nas dependencias da Policía Local de Ponteareas duns dispositivos electrónicos que permitirán aos axentes da Policía Local desempeñar as súas funcións máis axilmente ao mesmo tempo que supón unha modernización para este corpo carente ata a data de ferramentas modernas para o desenrolo das labores policiais.
Para a seguridade dos veciños e veciñas de Ponteareas é necesario contar cunha policía local que dispoña dos mellores medios para poder atender as necesidades de todos. É unha prioridade desta concelleira a modernización e inversión no Corpo da Policía Local, completamente abandonado polos anteriores gobernos da dereita en Ponteareas, afirma Vanesa Fernández, concelleira de Seguridade Cidadá e Movilidade. O novo dispositivo electrónico permitirá aos axentes, entre outras cousas, acceder a distintas bases de datos, dispoñer dun plano actualizado de Ponteareas, realizar fotografías ou coñecer a ubicación doutros axentes.
A concelleira de Seguridade Cidadá e Mobilidade, Vanesa Fernández, aproveitou tamén a ocasión para presentar a nova rotulación dos vehículos policiais, o que supón dar cumprimento á obriga da Xunta de homoxeneizar os vehículos de todas as policías locais. Ao respecto sinala Vanesa Fernández “existe un decreto da Xunta 60/2010 no que se obrigaba aos vehículos das policías locais a cumprir cunhas características específicas como a rotulación dos mesmos. É incomprensible que o anterior goberno do PP fixese caso omiso a unha lei, deixando que a policía tivese uns vehículos que non cumprían coa normativa vixente.