Mobilidade mellora a información de horarios das liñas de autobuses

DESCARGA AQUÍ O PDF  panel estacion autobuses saidas-chegadas-5 (3)

 

Logo dunha primeira publicación dos horarios de saídas e chegadas da Estación de Autobuses de Ponteareas, a concellaría de Mobilidade que dirixe Roberto Mera, publicou un novo formato de horarios, atendendo numerosas suxestións e propostas dos usuarios. Neste novo modelo de horarios figuran os de saída da liña na súa orixe e o horario de chegada
a Ponteareas.

Do mesmo xeito engádese nos horarios de saída desde Ponteareas a hora de chegada ao destino de cada liña de autobuses.Respecto ao itinerario de cada liña, incorpóranse tamén todas as paradas que se realizan en parroquias de Ponteareas.
Por outra banda, a concellaría explicou que está traballando na edición doutro formato de man que incluirá itinerarios e horarios, incluidos os das paradas intermedias.