Milleiros de reproducións, o tema musical “Estou na corentena” revoluciona as redes sociais

Corentena musical no Concello de PonteareasCoa participación dos seguintes grupos e artistas:Baby JaneO Caiman Do Río…

Publicada por Cultura e Turismo Ponteareas en Martes, 21 de abril de 2020

A concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, lanzou nas redes sociais facebook e twitter unha nova versión do afamado tema “Estou na lavadora” orixinaria do grupo ponteareán “O Caimán do Río Tea” que ven de arrasar conseguindo milleiros de reproduccións e visualizacións.

Os grupos e músicos de Ponteareas uníronse para crear e interpretar esta nova versión que revolucionou as redes sociais e espertou a curiosidade e interese dos medios de comunicación.

Estou na corentena” é o título desta divertida versión na que participan integrantes dos grupos O Caimán do río Tea, SonDaRúa, Sulfatar, Skandalo GZ, Max Power, School e artistas como Tonhito de Poi, Chico López, Duke Sam e Baby Jane.

O concelleiro de Cultura e o concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, destacan a boa acollida deste videoclip que onte pola noite fixo bailar ás familias ponteareás e de toda Galicia cunha versión dun tema que acadou o éxito da man do programa de Televisión de Galicia, “Xabarín Club”.

Estou na corentena” pódese escoitar nas páxinas de facebook Concello de Ponteareas e Cultura e Turismo Ponteareas e no twitter @ponteareas_gal e @visitponteareas

https://www.facebook.com/113930988777091/posts/1203879626448883/?extid=4HMhJJI3MmSsNywN&d=null&vh=e