Mesas informativas sobre saúde mental no Concello de Ponteareas

O 10 de outubro conmemorouse o Día Mundial da Saúde Mental, celebración que cumpre 25 anos e conta co apoio da Organización Mundial da Saúde (OMS). A saúde mental no lugar de traballo foi o tema elixido a nivel mundial para esta conmemoración, considerando que se trata dun asunto de interese para os axentes sociais, as institucións e a sociedade en xeral. 

A este propósito, e coincidindo coa celebración do vinte aniverario de Avelaíña, querese   chamar a atención sobre esta realidade, instalando mesas informativas no Concello de Ponteareas. Pola mañá, de 9:00 horas a 14:00 h  estarán na porta do Auditorio Reveriano Soutullo e pola tarde na Praza Maior, de 16:00 a 19:00 horas, onde a poboación poderá coñecer máis sobre a saúde mental e  o traballo que realiza a asociación nas comarcas de Condado e Paradanta.

No posto de Avelaíña tódolos veciños e veciñas poderán aportar o seu gran de área solidario mercando unha avelaíña artesá feita polo grupo de Avelaíña da Guarda. Simplemente aportando a vontade e lucindo unha fermosa volvoreta estaremos contribuíndo a que esta asociación siga ofrecendo os seus servizos.

No centro social de Ponteareas, Avelaíña atende ás persoas que precisen os seus servizos con cita previa en horario de 09:00 horas a 14:00 horas os luns, mércores e venres. Tódolos interesados en pedir cita poden contactar coa psicóloga Clara Suárez no teléfono 602 21 47 27.

O Concello de Ponteareas cede a Avelaíña un local municipal donde desenvolver os servizos que ofrece aos veciños e veciñas de toda a comarca dada a alta demanda e persoas afectadas de problemas mentais. 

Ademais, o Concello de Ponteaeras lidera as reclamación realizadas á Xunta de Galicia para que asuma as súas competencias en materia de saúde mental para que a comarca conte cun centro de referencia destinado ao tratamento destas enfermidades.

Os vindeiros días 19 e 20 de outubro estarán no Concello de Cañiza, frente a Casa do Concello de 10:00 a 14:00 horas.

Avelaíña

Avelaíña foi creada fai 20 anos coa finalidade de promover a recuperación das persoas con problemas de saúde mental, a súa integración social, a mellora da asistencia e a súa calidade de vida, así como a defensa dos seus intereses e dereitos. Conta con dous centros de rehabilitación e un piso protexido e presta servizos no Baixo Miño, Val  Miñor e  dende o ano pasado, tamén prestran servizo  nas comarcas de Condado e Paradanta. No Concello de Ponteareas, os luns, mércores e venres, no Centro Social e no Concello de Cañiza os martes e xoves en horario de 9:00 a 14:00 horas.