Todos os centros educativos implicados neste proxecto social, cultural e artístico, impulsado pola profesora do Colexio Santiago Apóstol, Pilar Gallego, xunto coa colaboración da Concellería de Ensino, ceden as súas obras á FANPO para recadar fondos para o tratamento médico de Jairo
A iniciativa Flores para as Meninas na que levan colaborando desde o outono os centros educativos chega ao seu fin na súa primeira edición. O proxecto tenta difundir unha parte descoñecida da historia de Ponteareas: María Agustina Sarmiento Luna, filla de Diego de Sarmiento, III Conde de Salvaterra e II Marqués de Sobroso, podería ter pasado inadvertida de non ser inmortalizada polo pintor Velázquez no cadro de Las Meninas, aparecendo como a mociña que lle entrega un búcaro á princesa Margarita de Habsburgo. Amais, “trata de fom

Menina na Praza Maior
entar o talento creativo do alumnado, enriquecendo a cultura colectiva e a imaxe universal da arte floral representada nos maios e no noso Corpus. Así como o de fomentar a solidaridade a través dun proxecto que une a toda a Comunidade Educativa”, explica a concelleira de Ensino, Cristina Fernández.
A Federación de ANPAS dos Centros de Ensino Público do Condado-Paradanta e Louriña (FANPO) promove a solidariedade a través dunha poxa de todas as pezas que vai ter lugar no bar J.J. Copas, sito na Avenida de Galicia, 12, o vindeiro venres 8 de xullo ás 21:30, excepto unha delas que permanecerá nas instalacións do Concello. A recadación será destinada ao tratamento médico de Jairo, un neno ponteareán de 14 anos discapacitado por mor dunha hemorraxia cerebral.

Menina na exposición do Corpus na praza de Abastos de Ponteareas
As Meninas foron realizadas polos seguintes centros educativos: o CEIP Fermín Bouza Brey, o CPR Plurilingüe La Inmaculada, o CPR Plurilingüe Santiago Apóstol, CRA A Picaraña, o CEIP Feliciano Barrera, o IES Pedra da Auga, o IES de Ponteareas, Escola Técnica de Xoiería do Atlántico, Escola Profesional de Deseño de Moda Goymar, CPR Colegio Hogar Afundación – Artes gráficas, Escola de Imaxe e Son de Vigo, amais da ANPA “A Ponte” do IES Val do Tea e a pintora Belén Abalde Lorenzo, que quixo sumarse tamén a esta iniciativa.