O próximo día 14 de maio ás seis da tarde terá lugar na Axencia de Lectua de Municipal de Areas a actividade titulada “Maxía Cómica” realizada pola Contacontos Leo Leiño.
Unha actuación pensada para todos os públicos, especialmente para os nenos a partir de tres anos. Trátase dunha actividade divertida e sorprendente, relacionada coa lectura, unindo o argumento dos libros cos xogos.
Esta sesión de Contacontos está organizada polo programa Ler Conta Moito da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e o Concello de Pontareas.
O concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro Fernández, quere animar a todos os nenos e nenas de Areas e arredores a achegarse ata a Axencia de Lectura Municipal para gozar desta actividade pensada para promover a lectura
Concello de Ponteareas
Xardins da Xiralda SN -Ponteareas C.P:36860
Pontevedra / telf: 986 64 00 00 - 986 64 00 00 50
Aviso Legal | Proteccion de datos | Uso de cookies