A concellería de Cultura e Turismo do Concello de Ponteareas, que dirixe Hortensia Bautista, entrega o primeiro premio do concurso “Remata o conto” enmarcado na celebración da II Feira do Libro a Mar Bargiela Casasnovas.
O xurado formado por Cristián Pernas, técnico de Normalización Lingüística, Gabriel González Díaz, Hortensia Bautista Fernández, Concelleira e Sofía Rodríguez Suárez , traballadora do departamento de Cultura que actuou como secretaria resolveu que Giovana Carvalho Carneiro obtivera o segundo premio, recaendo o terceiro e o cuarto premio en Jesús Fraguas e Laura Pérez.
O xurado quere destacar a calidade dos vinte catro relatos presentados e, aínda que non existía nas bases a categoría infantil decidíu por unanimidade dar un accésit de categoria infantil ao haber varios relatos de calidade realizados por nenas e nenas. Deste xeito Laura Pérez Domínguez obtivo o accésit infantil.
Os premios foron entregados na sala de usos múltiples da biblioteca pública municipal.