MANIFESTO DÍA MUNDIAL DA DIABETES

E ste 14 de Novembro celebramos o Día Mundial da Diabetes 2020, que está adicado ao importante papel da Enfermería na atención aos pacientes con diabetes. Este ano máis que nunca queremos darlle as grazas polo seu traballo aos distintos profesionais sanitarios.

Para os pacientes con diabetes, esta pandemia deixounos claro que é fundamental proporcionar recursos e preparar aos pacientes e as súas familias para xestionar o mellor posible a súa diabetes ca axuda da tecnoloxía.

 

Temos que ter presente que unha persoa con diabetes tipo 1 pode adicar 9000 horas ao ano a xestión da súa diabetes, e pasa menos de 4 horas co seu pediatra ou endocrino anualmente.

 

O emprego xa moi extendido da tecnoloxía en diabetes, permite que os pacientes que tiñan sensores e/ou bombas de insulina poidan compartir os seus datos cos profesionais e levar a cabo as consultas virtuais, polo que tamén outro dos puntos importantes é universalizar o acceso a este tipo de tecnoloxía.

 

Pero continuamos a ter eivas graves, como é o tema de non contar cun equipo disciplinar que tamén teña presente soporte psicolóxico especializado que é vital para afrontar enfermidades tan exixentes como é a diabetes.

 

Por iso neste día mundial insistimos en que se precisa unha atención integral aos pacientes, onde teñan cabida todos e cada un dos profesionais que precisamos: endocrinos, pediatras, enfermería, dietistas, psicólogos, podólogos… Unha atención de calidade que permita que os pacientes estén preparados para asumir a parte da enfermidade que lles toca. Unha forte e decidida aposta pola tecnoloxía que nos permita levar unha mellora calidade de vida, sen descoidar a inversión en investigación que é vital para o noso futuro.

 

Como ciudadanos tamén queremos pedirles aos concellos a súa implicación ca saúde, prestando especial atención ao deporte e actividade física, e sobre todo dirixida a colectivos con necesidades específicas de saúde.

 

Por iso invitamos a todas as persoas a participar neste día mundial da diabetes o vindeiro 14 de Novembro e a reflexionar sobre o modelo de atención á diabetes actual, e como cada un de nós, pode facer algo por melloralo.

As familias de ANEDIA.