Mañá xoves, noite de bádminton. Agardámoste!!!

Mañá xoves día 20 de agosto, toda a mocidade gozará da noite de bádminton que terá lugar na Praza Maior a partir das 21 horas. A concellería de Mocidade que dirixe Miguel Bouzó convídavos a retarvos con este deporte dentro da programación de Mocidade Viva.