Mañá venres Voces de Arrieiro actuará en Arnoso

A Concellaría de Cultura, dentro do programa Cultura24, programa unha actuación do grupo Voces de Arrieiro no terreiro da parroquia de Arnoso mañá venres 4 de setembro ás 20:00 h,

Fernando Groba, concelleiro de Cultura, convida a toda a veciñanza a gozar desta actividade de música tradicional gratuíta que se desenvolverá cumprindo co protocolo anti Covid para garantir a seguridade e a saúde do público asistente.