Mañá todas e todos de cor vermella en apoio á dislexia

O Concello de Ponteareas participa e apoia a campaña internacional “mode dyslexia”

A concellaría de Sanidade, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina F. Davila, informa que o Concello de Ponteareas se suma á campaña internacional de visibilización da dislexia “GoRedForDyslexia”.

 

Con motivo do Día Europeo da Dislexia mañá día 8, a asociación galega de dislexia AGADIX e o Concello de Ponteareas convidan á cidadanía  a vestir de vermello e facer unha fotografía para publicar nas redes sociais coas seguintes etiquetas: #GoRedForDyslexia @agadix @plaformadislexia #modedislexia #modedyslexia

 

Un sinxelo xesto da nosa vida cotidiá que amosará o noso apoio e nos conectará en “mode dyslexia”, eslogan da campaña internacional que persegue espertar os instintos de docentes e os especialistas da sanidade para detectar a dislexia.

 

AGADIX explica que é imprescindible conectar cos profesionais para que se preocupen e ocupen de aplicar as adecuacións precisas aos diagnosticados ao seu cargo e activar a sensibilización cara esta dificultade valorando o sofresforzo que supón para nenos e nenas, mozos e mozas con dislexia.

 

Colaborando ao colgar a fotografía con roupa de cor vermella nas redes sociais axudamos a mandar unha mensaxe positiva que reforza a diversidade e activamos un guiño de aprobación entre disléxicos que cheguen a sentir que son un colectivo grande e forte”, explican dende a asociación.

 

Cristina F. Davila insiste na necesidade de visibilizar ás minorías e adoptar compromisos serios e firmes na consecución dunha sociedade en igualdade que valore a riqueza que cada persoa ten.

 

O obxectivo do Día Europeo da Dislexia é sensibilizar a toda a sociedade da Dificultade Específica de Aprendizaxe (DEA) máis común do mundo. A dislexia afecta a aproximadamente o 10% da poboación mundial e a meirande parte das persoas nin son conscientes da razón das súas dificultades nas habilidades instrumentais.

 

Loitar para que as persoas con dislexia lles sexan recoñecidos os seus dereitos recollidos na LOMCE a nivel autónomico e no decreto 229/2011 de atención á diversidade son tamén os obxectivos de AGADIX.