Mañá sábado, cita co XXXII Festival Folclórico do Condado nas rúas de Ponteareas

A concellaría de Cultura, que dirixe Fernando Groba, convida a gozar da música tradicional co XXXII Festival Folclórico do Condado que arrancará mañá sábado na praza Bugallal ás 10:30 horas coa agrupación folclorica de Padróns, seguida ás 11:30 horas da do centro cultural de Xinzo, ás 12:30 Algazara de Celeiros e ás 13:30 horas Pedra da Garza de Fozara tendo lugar a clausura ás 14 horas. 

Na rúa Arxentina ás 11 horas actuará a agrupación folclórica Os Muíños de Oliveira, ás 12 a da casa cultural de Areas e ás 13 horas Sadeo.