Máis de 400 persoas asistiron en Ponteareas ao espectáculo de “Os Bolechas e o Sabichón”

os bolechas1O día 7 de setembro máis de 400 persoas asistiron ao espectáculo familiar “ Os Bolechas e o Sabichón”, que tivo lugar no Auditorio Reveriano Soutullo, dentro da programación das Festas dos Remedios.

Os Bolechas e o Sabichón é un espectáculo de monicreques para nenos de 3 a 9 anos e familias, no que os monecos en forma de monicreques manipulados por actores á vista, modalidade novidosa en Galicia, engaiolaron ao público asistente. O Sabichón é un personaxe moi “listiño” que presentou o concurso no que participaron dous equipos, un liderado por Braulio Bolechas e outro por Loli Bolechas, os irmáns que se enfrontaron a preguntas e probas moi divertidas, para o cal foron axudados polos nenos e pais asistentes, que se convertiron en protagonistas do espectáculo.

Esta actividade, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas, está encadrada dentro do programa FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, e  leva percorrendo desde a primavera 57 concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, entre os que se encontra o Concello de Ponteareas, coa colaboración das deputacións provinciais de Pontevedra e da Coruña.