Luz Azul con motivo do Día da Enfermidade Celíaca

Con motivo da celebración do día da enfermidade celíaca este domingo 27 de maio, o Concello de Ponteareas iluminará o edificio de cor azul (cor identificativa coa enfermidade) que lucirá toda a fin de semana e colocará a bandeira identificativa de ACEGA no balcón da casa Consistorial.

ACEGA é unha entidade de carácter privado, sen ánimo de lucro creada en 1998, co obxetivo fundamental de axudar a todas as persoas afectadas pola enfermidade e dermatite herpetiforme.

Coa poboación actual de Ponteareas e tendo en conta que a incidencia é do 1%, calcúlase unha cantidade de afectados/as que se achega o medio millar de veciños e veciñas, incrementándose a taxa de diagnóstico cada ano.

O Concello de Ponteareas e ACEGA asinarán nas vindeiras semanas un convenio de colaboración no que a entidade local se compromete entre outras cousas, a ter en conta a alimentación para celíacos en tódolos eventos deportivos, culturais ou sociais nos que se realicen ou, facilitar información ás asociacións de hostaleiros, para que se formen e acaden a certificación.