A ludoteca de Ponteareas abre a inscrición para a tempada do outono/inverno

A ludoteca de Ponteareas, dependente da Concellería de Benestar Social que dirixe Verónica Carrera, abre o prazo para inscribirse nos obradoiros e actividades para outono/inverno.
Coa finalidade de potenciar co xogo as aptitudes dos cativos e cativas, de ampliar os seus coñecementos e de favorecer a socialización ademais de avivar a curiosidade e a creatividade, a ludoteca de Ponteareas, que dirixe Ana Belén Fernández, desenvolve actividades nas que se da lugar a xogos de corro, de pelota, de paracaídas, ou de recuperación de tradicións, entre outros moitos xogos.
Pero ademais, durante o curso realizan diferentes obradoiros como os de reciclaxe con materiais de refugallo, cociña e repostería, expresión musical, animación á lectura, educación ambiental, teatro… e tamén saídas aos parques municipais e praias fluviais.
Tódolos interesados/as poden achegarse ata as oficinas da Ludoteca no edificio “Quincede maio”, Avda de Castelao, núm,23, local 1º; ou no teléfono 673794760 ou a través do enderezo electrónico:
ludoteca@ponteareas

O horario da ludoteca é:
Horario: luns e mércores, das 16.00 ás 20.30 horas
Horario de verán: de luns a venres, das 8.30 a.m.  ás 15.00 p.m.

 

Na tempada de verán

Durante a tempada estival a ludoteca estivo aberta dando unha alternativa máis de lecer contribuíndo á conciliación familiar e laboral. Este verán o alumnado da ludoteca participiou en talleres de cociña e repostería e nas skídas aos parques, rastrexos, xogos de paracaídas, andainas medioambientais, excursións culturais, como a do Parque da Canuda e o Tren Turístico Salvaterra -Monçao visitando o Museo do Albariño en Monçao e As Covas de Dona Urraca en Salvaterra. Saídas como as do Castelo do Sobroso, acompañados dunha bióloga e un grupo de voluntarios ou a da Hípica Char da Freixa, onde todos os nen@s puideron montar a cabalo cun instructor e coñecer un pouco mellor o mundo destes maravillosos animais.
Fixeron ademais unha actividade de Ioga Tibetano,con dous colaboradores habituais: Sonia e Manel e varias saídas a ríos e incluso á praia; tanto á praia das Dunas de Corrubedo, para coñecer a contorna paixasística e medioambiental , e á praia de Nigrán, onde este ano fixemos Padel-Surf.