Limpeza do río Uma mañá ás 10 da mañá

A oficina municipal de voluntariado (Voltea) dependente da Concellería de Benestar Social, Igualdade e Mocidade que dirixe Verónica Carrera convoca unha xornada de limpeza do río Uma.

Este sábado día 8 ás 10:00 horas partirán dende a ponte sobre o río Uma na estrada Abelleira-As Covas para limpar o último tramo do rio acompañados dunha educadora ambiental que resolverá dúbidas e inquedanzas sobre a fauna e flora. 

A organización aconsella levar botas, luvas e moitas ganas de axudar!!!.

Máis información e confirmación de asistencia no número de teléfono 687 764 516 ou no enderezo electrónico voluntariado@ponteareas.gal