Dende a Rede da Bibliotecas de Ponteareas, a través do programa Ler Conta Moito, continúan coas actividades de contacontos e animación á lectura que teñen durante outubro, Mes das Bibliotecas, as datas desta semana son:
AXENCIA DE LECTURA DE GUILLADE. MARTES 17 DE OUTUBRO ÁS 17,00 HORAS
A Titiricleta chegará pilotada por un grupo de monicreques solidarios, levará ás nenas e nenos de viaxe a mundos fantásticos na procura da Paz. Unha actividade de Anxo Moure, O Carballo con Botas
BIBLIOTECA MUNICIPAL. XOVES 19 DE OUTUBRO ÁS 18,00 HORAS
Unha sesión de contacontos a cargo de Bandullo Azúl titulada Filipa cos contos, onde farán unha viaxe polos contos tradicionais amenizados con música en directo.