Lembra que podes usar de balde o servizo de recollida de enseres. Tan só tes que chamar!!!

A concellería de Medio Ambiente, que dirixe Rosa Covelo, quere recordar á cidadanía que cada semana os veciños poden dispor do servizo de recollida de enseres totalmente de balde, referíndose deste xeito a mobiliario voluminoso, colchóns, neveiras ou somieres, entre outros moblaxes de particulares e dos fogares. Todos aqueles que queiran empregar este servizo deberán comunicalo previamente chamando ao número de teléfono 986 64 03 07 e os responsables do servizo indicarán o día e lugar onde depositar na rúa o moble ou enser. “Toda a cidadanía pode contribuir a ter unha vila máis limpa e agradable xa que contan cun servizo de recollida que atende este tipo de demandas”.

Dende o servizo que presta a empresa FCC lembran a importancia de comunicar previamente a necesidade de chamar sempre para solicitar a recollida dos mobles e enseres, para dun xeito controlado, garantizar que este tipo de residuos voluminosos estean o mínimo tempo posible ocupando a vía pública.

Os electrodomésticos de pouco volume non son considerados enseres e non poderán deixarse na rúa nin nos contedores, tendo que ser depositados no Punto Limpo Municipal ubicado en Areas.

Que deixar no Punto Limpo?

O punto limpo ofrece un amplo horario, de luns a venres de 08:30 a 13:45 horas e de 16:00 a 18:00 horas, estando aberto tamén os sábados de 10:00 a 13:00 horas. Todos e todas as empadroadas en Ponteareas terán dereito a usar sin coste os servizos do Punto Limpo.